Presidentes de Colombia

Brazón de Colombia.

Segundo a constitución colombiana de 1821, o presidente era o xefe do poder executivo e o seu mandato era vitalicio. O vicepresidente asumía o cargo en caso de morte, remoción ou doenza do presidente. Antes da aprobación da constitución de 1821 polo Congreso de Villa del Rosario, o presidente de facto era Simón Bolívar, e o vicepresidente era Francisco de Paula Santander, pois o Congreso de Angostura deulles provisionalmente aqueles títulos ata que a constitución fose redactada.

A República da Gran Colombia estaba composta por territorios do Vice-Reino de Nova Granada, da Capitanía de Venezuela e da Audiencia de Quito (hoxe Ecuador).

Despois da Guerra dos Supremos e do caos económico do período federal, o presidente Rafael Núñez decidiu que tiña que redactarse unha nova constitución. Pola Constitución de 1886, o presidente era o xefe do poder executivo por 6 anos con posibilidade de reelección infinita (isto mudou o 1910 para 4 anos, sen posibilidade de reelección no período imediatamente seguinte) e o Senado indicaba o designado que substituía o presidente en caso de morte, ausencia ou deposición.

A constitución de Colombia de 1886 foi unha das máis duradeiras do hemisferio occidental e, coas reformas de 1910, 1936, 1958, 1968, 1973 e 1986, foi a constitución de Colombia ata 1991, cando unha nova foi editada. A Constitución de 1991 aínda é a constitución da República de Colombia.

Estes son os presidentes de Colombia e tamén da Gran Colombia.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search